Eliminar a túa conta e os teus datos
Podes eliminar a túa conta de Turneas e os teus datos cando queiras: desde a app ou, sen ela, por correo electrónico.
Desde a app
- Abre Turneas e entra na túa conta.
- Vai a Máis → Perfil → Privacidade e datos.
- Preme Eliminar a miña conta e segue os pasos.
A túa conta desactívase nese momento e bórrase aos 30 días. Se cambias de idea, volve entrar en Turneas dentro deses 30 días e a eliminación cancélase.
Así o establece o apartado 7 da nosa Política de privacidade.
Sen a app, por correo
Escribe a privacidad@turneas.app desde o enderezo de correo da túa conta e dinos que queres eliminala.
Responderémosche e a túa conta seguirá o mesmo camiño: desactívase e bórrase no prazo de 30 días. Se non podemos comprobar que a solicitude é túa, pedirémosche que o acredites.
Se administras un grupo
Se es a única persoa que administra un grupo no que hai máis xente, Turneas pídeche que antes decidas que pasa con el. Na mesma pantalla podes escoller «Pasar o grupo a outra persoa» ou «Pechar o grupo», e despois eliminar a conta.
Un grupo no que só estás ti bórrase coa túa conta, e dun grupo que tamén administra outra persoa simplemente saes. Se algo che impide rematar, escribe a privacidad@turneas.app desde o enderezo de correo da túa conta.
Que se borra e que se conserva
Bórranse:
- A túa conta e o teu perfil: nome, correo electrónico, teléfono, foto, data de nacemento, país, idioma e preferencias.
- Os teus cadrantes: as quendas que puxeches en cada día.
- Os días que marcaches como «Non dispoñible».
- As túas peticións e propostas de cambio.
- As túas amizades e o teu código de amizade.
- As túas conversas con outras persoas.
Que pode conservarse, durante canto tempo e por que o fixa a nosa Política de privacidade. Este é o seu apartado 7, tal cal: